Convidada: Nely Fernández Dona Hermitas anda moi preocupada e pensa en facerse un cambio de imaxe, xa que algúns dos seus amigos comentan que a ven un pouco anticuada. Por outra banda, Olga leva un gran disgusto cando o prometido dunha vella amiga se lle insinúa. Miguel, que está namorado dunha fermosa rapaza, terá que atura-los "consellos" de Sevi, Tacho e don Cosme para non deixarse "atrapar". Finalmente, Sevi, poñerá en marcha as súas dotes de seductor, para vingarse da muller que lle rompeu o corazón ó seu amigo Miguel.