Artista convidado: Alberto Comesaña
Nelia, unha antiga noiva de Sevi, pídelle que quede co seu bebé por unhas horas para poder facer unhas xestións urxentes. O xove, non ten moita idea de coidar meniños, pero o neno servirálle ben para a súa afección favorita, que é ligar. Olga presentarase a un casting ó que chegará cando a selección xa ten rematado; esto provocaralle un gran disgusto. Mentres, Miguel escoita a dona Hermitas falar cun cliente, e polo que escoita, chega á conclusión de que a xefa quere despedilo.