Convidados: Paco Feixó e Luís Boyano Dona Ermitas e Brigitte van de compras e regresan moi disgustadas, xa que decátanse de que aumentaran de talla; deciden poñerse a dieta. A dona do hotel apóstalle á meiga que pode adelgazar seis kilos en tres días, levando a cabo unha severísima dieta que pon a proba a paciencia dos seus amigos. Ademais, un famoso hipnotizador alóxase no hotel e somete a Sevi, a unha sesión. O resultado ten consecuencias imprevistas, xa que a partir dese momento, o mozo non pode evitar dici-la verdade, aínda que non sexa doada de escoitar...