Transcorridos seis meses, Lola a da panadería, anuncialle ao público no plató, que comeza unha nova etapa e refréscalles a memoria cun pequeno resumo do que acontecera.Desvelarase o misterio de se Wynona, a muller estranxeira, está casada con Pepe e se os fillos son del. Tamén saberemos en qué quedou a historia de amor entre Pepe e Pilar, cómo acabou a tola aventura zamorana de Negreira, ata onde chega a amizade de Suso con Ben Laden e se Moscoso acaba por derrubar o barrio para facer bloques de apartamentos.Tamén asistiremos aos cambios que se produciron no barrio durante todo este tempo e qué foi da panadería de Lola.