Negreira vive obsesionado coas multas que lle lle están poñendo e decide pasar ao ataque. Suso motorízase cun motocarro que recibe de regalo e Pepe pensa en convertelo inmediatamente nunha pickup híbrida. Moscoso celebra que o seu sobriño Uxío, metido na política, decide cambiar de bando, aliarse co partido que goberna e vai ocupar a concellería de Urbanismo, o que a el lle vai permitir construir unha chea de urbanizacións. E Guillerme, o xefe de Pilar coa que ela está principiando unha relación, anúncialle que se prepare porque lle vai dar unha sorpresa...