Pilar decide traballar pola súa conta e monta unha sala de fisioterapia na súa casa. Uxío, un decorador de interiores, gay e coa lingua moi afiada, faille o proxecto, pero o presuposto é tan elevado, que Pilar acaba contratando os servizos de Moscoso para facer a reforma.Ao mesmo tempo, Lola, agoniada co traballo que lle da o restaurante, decide contratar un camareiro. Despois de varias probas a aspirantes, acaba dando coa persoa idónea para o posto, aínda que Moscoso non opine o mesmo. Ao final, a solución a todos os problemas ven da man de Pepe, ou polo menos eso parece.