Farta de non ter colectores de lixo selectivo no barrio, Pilar protesta ao Concello. Ao día seguinte, ten os reclamados coletores, pero ninguén se pon de acordo sobre onde colocalos, o que orixina unha guerra entre veciños.Ao mesmo tempo, Negreira enfróntase a Celso Castromil, un taxista tan arroutado e camorrista coma el que acaba de roubarlle o posto na súa parada ilegal.Mentres todo isto ocorre, Suso inicia unha meteórica e breve carreira como gigoló.