Pepe, o inventor de tantas cousas retornado de Londres, e Filipa, muller atrevida onde as haxa que se empeñou en cazalo aínda que o sabe namorado doutra, fanse mozos formais, mentres que Pilar non acaba de afacerse á idea. Para animala, Uxío organiza unha festa que ten como finalidade que Pilar atope unha parella para poder esquecelo.