(Antes de comezar o episodio, Paula Carballeira pide a participación do público -como extras-, para unha escena de linchamento).Pilar atopa unha tubería que sae da súa instalación de auga e que se mete no taller de Pepe. Descobre que Pepe non só lle rouba a auga; tamén amañou o contador para que non se decatara. Pilar córtalle o subministro, pero leva unha sorpresa ao saber que acaba de deixar sen auga a medio vecindario. Pilar acaba de converterse na inimiga do pobo e só a intervención de Pepe logra frear a ira dos veciños.