A Negreira róubanlle o lector de CD do coche xunto coa súa colección de rancheiras. Pídelle axuda a Richi (o irmán "chandalista" de Lola) para atopar ao ladrón. Richi acepta por unha pequena cantidade; o que non sabe Negreira é que Richi é o autor do roubo e que o aparello e máis a súa colección de rancheiras están agora en poder de Moscoso.