Pepe perde unha aposta con Pilar e vese obrigado a pagarlle unha cea nun restaurante de luxo do centro. A velada, que prometía ser infernal, acaba sendo romántica e divertida, aínda que remate cos dous personaxes presos na comisaría.Por outra banda, Filipa proponse tolear a Moscoso e conségueo, e Suso e Negreira acaban raptando a Uxío como parte dun absurdo e sórdido plan para facer negocio manipulando os índices de audiencia televisivos.