Telmo Negreira comeza a traballar de cobrador de morosos vestido de mariachi e busca socios que traballen con el. Lola tenta falar desde Turquía con Medmet pero el dille que non quere saber nada dela. Filipa quere formalizar a relación con Pepe pero el dille que non quere comprometerse, que necesita ser libre. Negreira e Suso recoméndanlle que fale con ela e que lle pida disculpas e non a deixe escapar. E el failles caso. Pilar, pola súa banda, deixa a Moncho, un gran partido, porque segundo lle confirma a Uxío, está namorada de Pepe. E decide seguir a recomendación de Uxío e confesarlle o seu amor. Pero cando o vai facer atópase a Pepe e Filipa cos amigos do barrio anunciando a súa próxima voda.