Medmet recibe por carta de súa nai a terrible noticia de que morreu seu tio terceiro por parte de nai e que, polo tanto, ten que facerse cargo do negocio de venda de alfombras por intenet. Así que debe volver ao seu pís, Turquía, xusto canto mellor ia a relación de manteñen el e Lola. Filipa tenta ligar con Pepe e lévao á casa coa excusa de ter que reparar a instalación eléctrica, pero chegado o momento Pepe acláralle que está namorado doutra, que por certo non lle fai caso. Uxío ten unha chea de problemas de convivencia con Negreira, pero non sabe como dicirlle que xa non poden seguir vivindo xuntos. Máis que deso, do que está preocupado Negreira é da presión que lle está metendo Tráfico, que lle acaba de expropiar o coche.