Pepe ten serios problemas cando unha inspectora de Facenda descobre que "o Inglés" nunca fixo a declaración. Pilar intenta, por enésima vez aprobar o carné de conducir.Moscoso e Fredy marchan facer turismo sexual a Cuba e Lola convértese nunha monologuista de éxito e actúa todas as noites no restaurante.Finalmente, Pilar arranxa o problema de Pepe con Facenda, Pepe o do carné de Pilar e Moscoso pasa a ser o novo conta-contos de éxito en casa Lola cun monólogo sobre as aventuras en Cuba.