Despois da súa longa viaxe polas exóticas terras de Castela, Telmo Negreira volve ao barrio do Cruceiro. Ven tan cargado de obxectos inútiles que se ve na necesidade de propoñerlle a Uxío que lle axude a ampliar a súa casa, pero Uxío, necesitado de parella, interpreta que Negreira lle está a propoñer "algo" moi diferente.Mentres tanto, Pilar desespérase porque a sala de masaxes que acaba de abrir non ten clientela e Pepe coñece a Filipa. A camareira decide que vai namorar ao mecánico-inventor custe o que custe.