Pepe, Suso e Negreira acoden á Feira dos Inventores Galegos, onde o doutor Mente presenta o seu estimulador cerebral. Pepe vai presentar o seu invento, o "personal smoking point", unha gorra que, segundo el, vai eliminar a marxinación á que están sometidos os fumadores. Negreira pensa que, cunhas melloras, o invento do doutor Mente pode ter outras aplicacións, e Moscoso que a boina de Pepe poderíalle servir para que a súa muller lle deixe fumar na cama. Lola vai pasar uns días a un balneario co turco Mehmet e Pilar preséntase, unha vez máis, ao exame do carné de conducir.