No programa de hoxe, Pazos coñecerá a Enrique e Mayka, sobriño e irmá de Meli, respectivamente, que queren darlle unha sorpresa cargada de adrenalina polo seu 60 aniversario. Para iso o equipo de Pazos e Cía viaxará ata Sanxenxo e tratarán de que Meli supere dous dos seus maiores medos: o mar e as alturas. Conseguirán o que se propoñen? Coma sempre, en Pazos e Cía, os problemas e as meteduras de zoca serán o habitual! Sobre todo, porque agora conta cun axudante británico que apenas entende o galego.