Jose e Ana pídenlle axuda a Pazos para casar a Aida e Iván, dous frikis dos superheroes que van estar de aniversario dos 15 anos dende que se coñeceron. Pero non saben como organizarlles unha voda sopresa ao estilo que a eles lles gustaría. Pazos e a Cía que reúnen de amigos da parella póñense a traballar para conseguir os superheroes, a música, a coreografía que van bailar para eles... E todo sen que se enteren. E cun membro da Cía, chamado Ían, que apenas fala galego porque vén de Londres! E cruzando os dedos para que non se boten atrás cando descubran a sopresa!