Pazos viaxa ata a Illa de Arousa para que Jorge e Laura poidan devolverlle aos seus veciños todo o amor que sempre lles transmitiron. E como Jorge é profesor de baile, nada mellor que organizar unha clase de baile na rúa con música en directo. Para iso Pazos contará coa axuda inestimable da Cía formada por amigos e familiares de Jorge e Laura que porán todo a punto: decoración da rúa, preparación das coreografías, mesmo a elaboración duns bonecos que farán de parella a quen non a ten.... Pazos, pola súa parte terá que traer unha orquestra que ambiente en directo a clase de baile. Dará feito con tan pouco tempo?