Os plans de Suevia para botar a Emilio da adega dan os seus froitos. Sen ninguén que lles faga fronte, Carlos e o Panameño non tardan en utilizar a empresa coma tapadeira do narcotráfico. Pero aínda máis perigosos semellan os plans que o mafioso ten para Claudia cando a rapaza volve citarse con el.Mentres tanto, a visita dun novo neurólogo impide que Leonor siga finxindo a súa parálise. Pero para Emilio, descubrir que Leonor é quen de andar non implica só que lle mentiu para retelo no pazo, senón que a sitúa coma principal sospeitosa dun asasinato.En Riotorto, a vila natal de Tomaso, o único asasinato que planean é o das toupas da horta de seu curmán Roque, aínda que non lle faltan ganas de esganar a Tomaso cando se decata que gastou os cartos dun tractor en mercar unha vaca.