A organización dunha cata de viños no “Pazo de Familia” promete sacar á luz moitos máis segredos que a calidade do novo viño de Emilio e Eva. Entre eles, a unión entre Suevia e Nino, dispostos a calquera cousa para que o Pardo Veiga fracase. A enfermidade de Cosme é tamén cada vez máis obvia. Emilio aconséllalle a Sara que fale abertamente co seu sogro, por doloroso que lle resulte.