Sara está cada vez máis convencida que o seu sitio non está no “Pazo de Familia”. Para a cociñeira, non se trata só dos celos de Eva, tampouco é quen de agochar que Leonor finxe estar eivada para reter o seu fillo.Outra que decide marchar é Claudia. No seu caso, o destino é unha perigosa cita co Panameño, que pode rematar en traxedia se Daniel non é quen de evitalo. E traxedia é tamén á que asisten Tomaso e Marisiña, que terán que ocultar o cadáver dun policía.