A morte de Andrade non consegue afastar a Mónica da batalla contra o Panameño. Ao contrario, a xuíza de “Pazo de Familia” fai un xuramento diante de Nino de que acabará cos asasinos do seu home. Non pode saber que aquel que considera o seu amigo é en realidade un dos responsables. Tampouco pode saber Sara ata onde está disposta a chegar a muller de Emilio polos celos que sente dela. Nin Emilio, aquilo que a súa nai é quen de facer por retelo no pazo. Pola súa parte, Tomaso e Marisiña tamén están perdidos. Intentando facer o flamexado dunha das receitas do libro de Sara, estes dous cociñeiros inexpertos acaban por prenderlle lume ao manuscrito que tanto traballo lle deu escribir.