En estado catatónico, Leonor lembra as causas da morte de seu pai e as repercusións deste suceso do pasado farán tremer ata os cimentos do pazo.Andrade confía na escolta de Mónica, sen saber que traballa para o seu inimigo. Sara confía na nova asistenta, ignorando a traizón que a agarda. Emilio aposta por Nino, a quen descobren en posesión dunha bomba que o Panameño quere empregar para asasinar a Mónica.