Emilio releva a Nino do seu posto tras saber do seu problema co xogo. Suevia quere poñelo da súa parte nun plan para botar a Emilio da adega, pero a decisión de Nino ao respecto é todo un misterio.Moito máis clara é a vontade do Panameño de desfacerse de Mónica. Mentres el e Carlos traman un plan para desacreditala, o policía corrupto que ten a xuíza coma escolta xa prepara a súa pistola contra ela.