Logo de dous anos en París, Emilio e Eva volven a Galicia para facerse cargo da adega. Este é o punto de partida da nova temporada de “Pazo de Familia”, que promete máis tensión e intrigas ca nunca. O enfrontamento de Emilio e Suevia polo control da empresa vinícola, e coa súa nai polas graves ofensas do pasado, non tarda en producirse. Mónica, convertida na xuíza estrela contra o narcotráfico, vese na obriga de propoñerlle un pacto a Carlos para conseguir información sobre o Panameño, que encabeza a mafia da droga en Galicia. Pero desde o cárcere, Carlos pode ser aínda máis ruín do que adoitaba. Mentres, chega o pazo unha nova asistenta para substituír a Rita. Sendo como é Marisiña, é normal que a vexa coma unha ameaza. Pero neste caso, pode que ela e Tomaso teñan motivos reais para desconfiar.