A desaparición dun valioso colar, agasallo de voda de Leonor para a súa neta Claudia, terá consecuencias inesperadas no penúltimo capítulo da temporada de 'Pazo de Familia'. Ante o medo de perder o seu traballo, e afogada polas débedas, Sara pensa en delatar unha persoa moi importante para ela.  Por outra banda, para Emilio, o importante é agora a súa relación con Eva, pero o feito de que estea casada, alén dun segredo que descoñece, fará que a verdade acabe por estoupar e salpique a varias personaxes. Como reaccionará Mónica ao saber a verdade sobre o subinspector Andrade ou se Rita aceptará unha cita co Panameño a cambio de que asine os documentos de constitución do banco son outras preguntas que se resolverán neste intenso episodio.