As portas da casa familiar péchanse esta noite en “Pazo de Familia” para Emilio, quen perdeu a súa batalla contra Carlos. Desterrado do pazo, o primoxénito dos Pardo-Veiga prepara unha nova ofensiva desde o piso de Daniel. O único que pode devolvelo á vivenda familiar é demostrar que Mario minte, para o que o seguirá ata Madrid.