Con Carlos secuestrado por Emilio, pode pasar calquera cousa, mesmo que un deles morra. No relativo ao caso do fotógrafo, Daniel, pola súa banda espera na casa a que o veña buscar a policía. Sara tamén queda perplexa ao descubrir que Amancio ten unha amante, pero o máis inesperado do episodio chegará cando Emilio reciba unha chamada que mudará o rumbo da familia Pardo Veiga.