Nino decide acoller a Bruno na casa familiar malia a negativa de Mónica. Aínda que o primeiro que fai Bruno ao chegar é roubarlle a Nora, axiña xorde a complicidade entrambos. Olalla, que está a piques de casar e marchar para O Uruguai co seu mozo, regresa para lle axudar a Emilio. E é que o Pardo Veiga precísaa agora que o único xeito para librase do cárcere parece que é secuestrar unha muller que vai testificar contra el.