Claudia non deixa de indagar no pasado de súa nai e contrata os servizos de Nino e Peneda para descubrir a verdade. O segredo non só afecta a pai e filla, e Leonor vese na obriga de tomar unha medida desesperada agora que Carlos está a piques de coñecer a verdade, para conservar o nome dos Pardo-Veiga. Pola súa banda, Daniel tamén ten que tomar unha decisión difícil.