Que sente Sara? É só a lembranza de Manuel e a pena porque Lolo medre sen un pai ou comeza tamén a haber espazo no seu corazón para volverse namorar? Que fará cando saiba que outro rapaz abusa do seu pequeno na escola? Por outra banda, como actuará Nino cando semella que Mónica comeza a corresponderlle? Onde sitúa isto a Rita, tan namorada do chofer?