Ángel decide celebrar as exequias de seu pai no “Pazo de Familia”. Cada vez resúltalle máis difícil ocultarlle á súa nai que a rapaza que o acompaña non é amiga súa, senón a amante secreta do seu marido. A organización do funeral enfronta a Mónica e a Iria, que se pon de parte de Emilio cando decide participar do negocio familiar. Con Sara cada vez máis afastada del, Emilio intenta achegarse á súa irmá e, en especial, á súa filla Claudia. O que non sospeita é que Claudia se ve con Carlos e que este está disposto a contarlle a verdadeira historia de súa nai.