Mónica recibe unha cuantiosa oferta polo alugueiro da casa familiar, mentres que Leonor acepta de mala gana que se lle encha a casa de xente da farándula. Todo cambia cando sabe que planean rodar alí unha escena de sexo. Emilio, pola súa parte, axuda na busca de Adrián, o irmán de Olalla, cuxa embarcación naufragou. A medida que se distancia de Sara, que segue sen lembrar a súa relación, achégase máis a Olalla.