A sombra de Carlos volve cubrir hoxe o “Pazo de Familia”. Emilio está convencido de que este home foi o responsable de que lle dispararan a Sara, pero investigar máis da conta porá o Pardo Veiga en serio perigo. Sara recupera a consciencia, pero Emilio comproba con desilusión que non lembra nada da relación entrambos os dous, por moito que Rita, Marisiña e mais Cosme intenten lembrarlle a súa historia de amor.