Os novos capítulos da quinta temporada de “Pazo de Familia” chegan esta noite á Televisión de Galicia. Despois de catro quendas trepidantes en que os espectadores viviron o auxe e caída dos Pardo Veiga, os protagonistas, liderados por Emilio, conseguiron desprenderse da negativa herdanza que no seu día lles deixou César e que os impulsaba a correr cara a ningures. A familia Pardo Veiga nunca imaxinou que a súa historia, vista polos espectadores a través da limpa ollada de Sara, podía chegar a ser tan épica coma convulsa, tan emotiva coma destrutiva, tan chea de luces coma de sombras. Pero esta familia ten un talento innato para facerse dano a si mesma, para poñerse paus nas rodas e para escoller o peor en lugar do mellor. Por todo isto, a ameaza do desastre estará presente unha temporada máis, agardando a oportunidade de cebarse neles. Non hai máis que ver a historia de Sara e Emilio, que seguiron un longo e tortuoso camiño para estar xuntos. Pese ás moitas complicacións e cando tod