As intencións de Luís e Carlos de apartar a Sofía do holding son agora máis explícitas. Expertos na arte de manipular, os homes de palla de César Pardo intentarán que a propia Mónica se una a eles nos seus plans. Un sorprendente xiro de trama amosará que, do mesmo xeito que os aliados poden volverse inimigos, no mundo dos negocios do pazo tamén pode pasar o contrario, segundo os intereses de cadaquén