Nino non atura ver a Mónica bicándose con Héctor Fandiño. O chofer, que ignora ser irmán ilexítimo dela, parece capaz de calquera cousa para impedir a súa aventura. Capaz de todo é tamén Rita con tal de encirrar contra Sara. A empregada doméstica non soporta o clima de confidencia que comeza a crearse entre don Emilio e a nova cociñeira