Nino descobre un vello coñecido no cárcere que lle esixe matar a cambio de protección. Negarse a facelo pódelle custar a morte e, consciente diso, entrégalle a Rita unha última carta. Pero a rapaza ferve de rabia ao saber que non vai dirixida a ela, senón a Mónica. Mentres tanto, o divorcio de Emilio e Eva chega á máxima tensión. Son tantos os trapos sucios que sacan os seus respectivos avogados, que un dos dous acaba por esmorecer. Será Eva ou Emilio quen diga basta? Pola súa parte, Claudia e Alberto coinciden como padriños dunha voda. Unha casa rural é o escenario perfecto para que rematen declarándose o amor, a guerra ou ambas cousas á vez.