A policía incáutase de toda a cocaína e os cartos da operación de narcotráfico en que están envoltos Carlos e Leonor. Para Mónica, é só cuestión de tempo que a súa nai teña que pagar polo que fixo, ou ben co cárcere, ou ben coas represalias dos seus socios mafiosos. Na primeira visita de Rita á cadea, comproba as malleiras ás que é sometido Nino. Disposta a calquera cousa para axudalo, a muller non dubida en meterse ela tamén en asuntos de drogas. Mentres, a parella formada por Marisiña e Tomaso pasa unha pequena crise por mor de que os “soldadiños” del non conseguen deixala embarazada. Por outro lado, a que integran Claudia e Alberto vai alén de ser simples compañeiros de aula.