No “Pazo de Familia” sempre é difícil saber quen son os teus amigos e quen os teus inimigos. Mentres Suevia se pon de parte de Emilio para xestionar a crise dos xornaleiros na adega, el non imaxina que Paulo é capaz de levar a folga ás últimas consecuencias. Pode Emilio confiar tamén en Carlos? O avogado que tanto mal lle causou á súa familia semella agora o único que pode axudarlle a traer de volta a Claudia. Neste capítulo coñecemos o desenlace da nefasta situación que vive ela e máis Rita, secuestradas polo temible Panameño.