Quen é Moncho, o home que chegou da nada e agora é marido de Sara? Iso é o que debe pensar Emilio cando encarga que o investiguen no capítulo desta noite de “Pazo de Familia”. Ademais, cando a policía deixa de pescudar o paradoiro de Claudia por falta de probas, Emilio accede a pedirlle axuda a Carlos, aínda que saiba que isto o levará a cruzar a liña da legalidade. Ademais, o Pardo Veiga decide poñerse ao día cos asuntos da adega, pero agora non é só Suevia a que conspira contra el. Emilio xa sabe isto, pero o que non pode sospeitar é o que acontece na mansión do Panameño. Alí, Claudia atopa unha vella amiga. Será quen de recoñecela no estado en que se atopa?