Claudia está retida na casa do Panameño. O narcotraficante tena drogada e intenta facerlle crer que o seu nome é Helena, alén de que el é o seu marido. No pazo, Emilio e Mónica non perden a esperanza de atopala con vida, pero a cada momento que pasa as posibilidades de que isto ocorra diminúen. Tras a marcha de Sara, Marisiña é a encargada de elixir á nova cociñeira. Pero esta novidade non é nada comparada coa que dá a propia Sara cando vén de visita, algo que ninguén podía agardar.