Suevia consegue evidencias de que Leonor estivo envolta na morte do chantaxista. Manipular a súa viúva para que asasine a Leonor pode significar a vinganza que tantos anos estivo a agardar. Pola súa parte, Claudia está feliz de que Daniel estea a recuperarse e os dous terán unha cita moi especial. A rapaza non conta con que Rogelio, agora fuxido da xustiza, está disposto a facer calquera cousa para volver tela ao seu carón. A voda que se celebra no pazo é, por suposto, a de Marisiña e Tomaso.