A historia con Pasaporte Galego será a de Ricardo González, un empresario fillo de galegos que un día marcharon cunha maleta chea de nada en busca de porvir prometedor. Fixérono desde A Lagariza, nos Peares, para que os fillos que tivesen naceran nun país cheo de posibilidades, como o era aquela florecente Venezuela.