Esta historia con Pasaporte Galego é a de Ricardo González, un empresario fillo de galegos que un día marcharon cunha maleta chea de nada en busca de porvir prometedor. Fixérono desde A Lagariza, nos Peares, para que os fillos que tivesen naceran nun país cheo de posibilidades, como o era aquela florecente Venezuela. Pouco a pouco, asociándose con outros galegos e co apoio dos pais e a bonanza daquel entón en Venezuela, Ricardo prosperou e comezou a ter un estilo de vida moi diferente ao que viviran os seus pais en Galicia. Pero na súa casa, onde a emoción do emigrante marcou a vida de todos, o corazón latexaba por Galicia.O forte vínculo coa terra de seus pais transcende neste caso ás xeracións dos seus antepasados. Por ser profundamente galego, Ricardo ten moito que ofrecer e que contar nun programa dedicado aos descendentes de galegos na diáspora. Acompañado por Isabel Blanco, hoxe sacará un billete de ida e volta para visitar a terra de seus pais.