A primeira historia con “Pasaporte Galego” que contará a TVG será a de Ricardo González, un empresario fillo de galegos da Lagariza, nos Peares, que vive desde que naceu en Venezuela. O forte vínculo coa terra dos seus pais transcende neste caso ás xeracións dos seus antepasados. Por ser profundamente galego, Ricardo ten moito que ofrecer e que contar nun programa dedicado aos descendentes de galegos na diáspora.