"Santo Antón, que me toque o cupón", así van predicar os veciños nun novo capítulo de "Padre Casares", en que hoxe a avaricia e a superstición se van apoderar dos habitantes de Santo Antón de Louredo. A vila máis famosa da Galega vai librar esta noite máis dunha batalla, unha delas relacionada coa casa do alcalde, porque parece que o primeiro edil de Louredo, Delmiro, mete a pata cando lle regala á súa dona, que aínda segue de duelo pola morte do can "Titán", un porco vietnamita. Así as cousas, o político deberá establecer unha orde de prioridades, ou satisfacer os desexos de súa muller desfacéndose da súa nova mascota ou satisfacer as necesidades de acollemento e amor do seu novo amigo e resignarse a compartir con el o sofá nas longas noites de inverno. O outro punto da batalla dirímese na propia parroquia, pois o Padre Casares necesita recadar fondos de xeito urxente e, tras varias iniciativas frustradas, o párroco novo terá unha idea brillante: restaurar o que foi no seu momento un