As leas dos veciños de Santo Antonio de Louredo comezan cando se decatan de que hai moitos meses que non morre ninguén. Pode ser que se trate dunha simple coincidencia, pero iso non se lles pasou pola cabeza aos veciños da vila e cren que pode ser algo máis.  Os veciños caen na conta de que cada vez son máis os casos como os da “Tía Pepa”, unha muller moi lonxeva, coleccionista de extrema uncións pero que nunca acaba morrendo, senón que se recupera dun xeito sorprendente. Casos coma este son que fan que os veciños estean inquedos, ata tal punto que fan apostas para ver quen será o seguinte finado ou finada de Louredo. O problema é que o enfado chegará cando moitos veciños vexan o seu nome na “porra”.  Pero namentres os veciños seguen coas súas leas por este asunto, a famosa “Tía Pepa”, unha vez máis, mellora dun xeito milagroso. Os veciños intentan buscar unha explicación ante tal fenómeno e tiran a teoría de que pode ser debido á auga da fonte dos Pitufiños que, casualmente, lla ofrec