No último capítulo da temporada de “Padre Casares”, os espectadores verán como as mulleres de Louredo están a ser espiadas nas súas clases de ioga. Delmiro fixo instalar unha cámara oculta no local social, que capta os mellores planos dos seus exercicios. O dispositivo, dotado dun zoom de gran calidade, permite, ademais e entre outras marabillas, a conxelación da imaxe para o seu visionado a cámara lenta. Todo un luxo do que gozan os homes da vila, en reunións clandestinas que camuflan como “cursos específicos para homes”. Axiña as mulleres descubrirán as súas verdadeiras actividades e, moi indignadas, decidirán cortar polo san con todo tipo de condutas machistas. Unha vez máis, o elixido para mediar entre ambos os dous bandos será don Perfecto quen, a modo de profesor, intentará inculcarlles aos seus alumnos condutas que fomenten a igualdade. Pero o asunto iráselle das mans rapidamente e unha inocente proposta de “intercambio temporal de roles”, para que homes e mulleres comprendan me